• USOS TRADICIONAIS

    Os cabalos salvaxes son unha peza fundamental dos ecosistemas abertos das serras galegas, e en concreto da Serra do Xistral, e son de vital importancia para a conservación dos hábitats de brezal.

USOS TRADICIONAIS

A Serra do Xistral caracterízase pola presenza de gandería extensiva en convivencia con cabalos salvaxes, coñecidos comunmente co nome de “bestas”. A continuidade do aproveitamento tradicional destes animais favorecerá a conservación dos hábitats e, á vez, a preservación dunha poboación de cabalos endémica do noroeste peninsular.

A Serra do Xistral caracterízase pola presenza de gandería extensiva en convivencia con cabalos salvaxes, coñecidos comunmente co nome de “bestas”. A continuidade do aproveitamento tradicional destes animais favorecerá a conservación dos hábitats e, á vez, a preservación dunha poboación de cabalos endémica do noroeste peninsular.

Desde LIFE IN COMMON LAND avaliaremos a situación de partida da poboación de cabalos salvaxes, mediante unha análise da distribución espacial das mandas, a súa estrutura social, comportamento e dinámica poboacional, así como o seu uso dos brezales húmidos atlánticos e das comunidades de turbeira, en cada comunidade de montes. Abordarase así mesmo o manexo que se realiza destes animais. Tamén se estudarán os diferentes conflitos derivados da presenza de cabalos salvaxes como as zonas con maior risco de accidentes causados por estes cabalos nas estradas, presenza de barreiras físicas ou estima de perdas por ataque de lobo.

Desde LIFE IN COMMON LAND avaliaremos a situación de partida da poboación de cabalos salvaxes, mediante unha análise da distribución espacial das mandas, a súa estrutura social, comportamento e dinámica poboacional, así como o seu uso dos brezales húmidos atlánticos e das comunidades de turbeira, en cada comunidade de montes.

Os cabalos salvaxes son unha peza fundamental dos ecosistemas abertos das serras galegas, e en concreto da Serra do Xistral, e fundamentais para a conservación dos hábitats prioritarios seleccionados. As distintas comunidades de montes nas que se vai a actuar poden presentar diferentes situacións en canto á influencia das mandas de cabalos salvaxes nos brezales húmidos e as comunidades de turbeira.

A poboación de cabalos salvaxes de Galicia descendeu nos últimos anos por motivos como a desaparición dos usos tradicionais dos cabalos, o baixo prezo da carne, e diversos conflitos derivados da aplicación de novas lexislacións, pero tamén debido ao descoñecemento e por tanto escaso valor que se lles atribúe. Os accidentes de tráfico por presenza de animais nas vías, tanto cabalos como vacas, son un problema importante nas zonas de serra. Para evitalo, convén reducir no posible o acceso dos animais ás vías principais e concienciar aos usuarios das vías secundarias que cruzan as serras.

O abandono do aproveitamento tradicional dos cabalos na Serra do Xistral está a dar lugar á degradación dos brezales e sucesión cara a outras comunidades vexetais.. As ameazas que se cernen sobre esta actividade fan necesario o deseño e posta en marcha de solucións innovadores para garantir a súa persistencia. O uso dos cabalos salvaxes galegos para a conservación de hábitats de brezal é novo en Galicia, pero utilizouse con éxito en proxectos de conservación e restauración de hábitats principalmente no Reino Unido, empregando outras razas de cabalos como Exmoor.

Os cabalos salvaxes son unha peza fundamental dos ecosistemas abertos das serras galegas, e en concreto a Serra do Xistral, e fundamentais para a conservación dos hábitats prioritarios seleccionados.