• PARTICIPANTES

    “Tan potente é a luz da unidade que pode iluminar toda a terra”. LIFE IN COMMON LAND nace co obxectivo de colaborar e crear fortes nexos.

PARTICIPANTES

LIFE IN COMMON LAND é un proxecto colaborativo no que entran en xogo diversas entidades: A Deputación de Lugo é a coordinadora do proxecto, mentres que a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Universidade da Coruña (UDC) completan os socios beneficiarios.

A participación dos montes veciñais en man común da Serra do Xistral, , os concellos implicados e a Xunta de Galicia, representada a través das Consellerías de Medio Rural e Medio Ambiente e Ordenación do Territorio faise indispensable.

Á marxe das entidades autonómicas e locais implicadas, este proxecto LIFE posúe unha clara vocación internacional debido a que actúa sobre ameazas que afectan os hábitats obxecto noutras rexións de Europa. Así mesmo, inclúe unha estratexia de transferibilidade e réplica de resultados. Por esta motivo conta coa implicación de entidades observadores como:

  • Dartmoor Commoners’ Council (United Kingdom).
  • Institute of Technology Sligo (Ireland).
  • Scotland’s Rural College SRUC (United Kingdom).
  • European Forum on Nature Conservation and Pastoralism EFNCP (United Kingdom).
  • Natural England.