• Material Divulgativo

    Nesta sección agrupamos unha serie de vídeo documentos e outro material de divulgación elaborado polos membros de equipo Life in Common Land.

Licencia de Creative Commons
Xogo de Cartas LIFE IN COMMON LAND by César A. Blanco Arias is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional License.
Creado a partir de la obra en https://www.lifeincommonland.eu/material-divulgativo.
Puede hallar permisos más allá de los concedidos con esta licencia en https://www.lifeincommonland.eu/material-divulgativo

LIFE IN COMMON LAND - Presentación

LIFE IN COMMON LAND, que en galego significa vida en terra en común, é un proxecto que se desenvolve nun lugar de gran valor natural na Rede Natura 2000: A Serra do Xistral.

HÁBITATS

Neste primeiro vídeo preséntase o proxecto LIFE IN COMMON LAND (LIFE16 NAT/ES/000707) facendo fincapé nos hábitats prioritarios de turbeiras e queirogais húmidos ós que se dirixen as accións de conservación do proxecto.

USOS TRADICIONAIS

Velaí vai o segundo vídeo de presentación do proxecto LIFE IN COMMON LAND, no que se transmite a importancia dos usos tradicionais na conservación dos hábitats da Zona Especial de Conservación Serra do Xistral

MONTES COMUNAIS

Último vídeo de presentación do proxecto LIFE IN COMMON LAND, coa figura dos Montes Veciñais en Man Común como elemento de gran importancia para a conservación da ZEC Serra do Xistral, ademáis de seña de identidade social e cultural do territorio. As Comunidades de Montes Veciñais en Man Común son as grandes protagonistas do proxecto LIFE. Campus Terra USC Universidade da Coruña Deputación de Lugo.