• HÁBITATS

    A Serra do Xistral posúe o conxunto de brezales húmidos e turbeiras de maior valor para a conservación da biodiversidade do noroeste Ibérico, incluíndo un complexo de turbeiras de cobertor sen parangón no suroeste Europeo

HÁBITATS

LIFE in COMMON LAND ten entre os seus obxectivos a conservación de 3 tipos de hábitats: turbeiras altas activas (7110*), turbeiras de cobertor activas (7130*) e brezales húmidos atlánticos (4020*). Trátase de 3 tipos de hábitats naturais que se consideran prioritarios ao estar ameazados de desaparición na Unión Europea.

A ZEC Serra do Xistral conta con excelentes representacións destes hábitats.

Máis información

A gran extensión dos hábitats turbeiras e brezales húmidos e de turbeiras na Serra do Xistral, motivou que o territorio incluído nesta ZEC fose cualificado como o conxunto turbeiras e brezales húmidos de maior valor para a conservación da biodiversidade do noroeste Ibérico. Concretamente, as turbeiras de cobertor presentes na serra non teñen comparación o suroeste Europeo.

Brezales húmidos

Turbeiras altas activas

Turbeiras de cobertor

As turbeiras constitúen un importante almacén de CO2, que se libera cando se degradan, polo que as accións encamiñadas a mellorar a súa estrutura e funcións e alcanzar un bo estado de conservación inflúen directamente na loita contra o cambio climático. As turbeiras conteñen ademais información paleoambiental fundamental para o estudo da historia do clima e por tanto para comprender mellor a súa evolución e buscar estratexias de adaptación.

AS TURBEIRAS ALTAS ACTIVAS (7110*) son turbeiras acedas, pobres en nutrientes minerais, alimentadas principalmente por auga de choiva, cunha capa freática xeralmente máis elevada que a das áreas lindeiras, con vexetación perenne dominada por esfagnos coloreados que medran en microcolinas. O termo activas debe ser aplicado para aqueles casos nos que existe unha área significativa de vexetación formadora de turba. O status de conservación deste hábitat a nivel europeo é “desfavorable, malo”.

Máis información

AS TURBEIRAS DE COBERTOR ACTIVAS (7130*) son comunidades turbóxenas extensas (paisaxes), que se estenden por relevos aplanados ou inclinados, mal drenados en áreas de clima oceánico con altas precipitacións, características do oeste e norte das Illas Británicas e Irlanda.

Máis información

OS BREZALES HÚMEDOS ATLÁNTICOS (4020*) brezales higrófilos de áreas de clima tépedo oceánico sobre chans semi-turbosos ou drenados, con minerais superficiais no caso de chans turbosos. A súa denominación oficial sería brezales húmidos atlánticos de zonas tépedas de Erica ciliaris e Erica tetralix, que indica a área onde se atopa o hábitat e dous tipos de breixo característicos, que non únicos, que adoitan formar parte do hábitat, Erica ciliaris y Erica tetralix. Unha particularidade da Serra do Xistral é a substitución destes breixos por outra especie próxima, Erica mackayana, endémica do norte da Península e presenza puntual no oeste de Irlanda.

Máis información

No mosaico de hábitats de turbeira e brezal desenvólvense actividades agrogandeiras cun marcado carácter tradicional, adaptados ás difíciles condicións das montañas das serras Setentrionais de Galicia. No ZEC Serra do Xistral foi demostrado o efecto positivo que as prácticas agrarias de baixo impacto, como o pastoreo de gando vacún e cabalar en extensivo, producen sobre a diversidade vexetal e a súa estrutura. Ademais, estas explotacións agrarias semi-naturais proporcionan unha esencial infraestrutura verde para a vida silvestre, moi importante para manter a conectividade entre ecosistemas naturais e semi-naturais. Coa execución de LIFE IN COMMON LAND, incluirase a conservación da biodiversidade como parte integral do sistema de xestión agrogandeira, mediante a posta en marcha de Esquemas Completos de Xestión Baseados en Resultados de Conservación, seguindo exemplos exitosos aplicados noutras áreas da Rexión Atlántica.