• Traballos de seguimento da resposta de queirogais húmidos en estado de conservación desfavorable a actuacións de roza.

    Novas relacionadas - 29/09/2022

Nas primeiras acción de conservación realizadas en 2018 comezouse un seguimento de tres anos mediante parcelas permanentes para valorar a resposta dos hábitats a accións de conservación que inciden directamente na vexetación, como son as rozas, baixo distintas condicións (con herbivoría, sen herbivoría).

Nas primeiras semanas de xullo completamos as últimas mostraxes da serie de tres anos. Nestas mostraxes determinamos a  composición de especies, cobertura, altura e biomasa de queiroga, toxo e herbáceas. Os resultados permitirán por exemplo precisar o tempo que requiren estas comunidades de queirogal para recuperar a estrutura que se considera óptima.

As mostraxes son duras, con condicións meteorolóxicas moi variables, hai que cortar e clasificar quilos e quilos de biomasa de mato. Pero lévase con alegría con gran equipo da UDC e da USC asistidos por comuneiros.

Life in Common Land

Una alianza entre las Mancomunidades, las administraciones y la sociedad para luchar contra el mal estado de los hábitats, el abandono rural y el cambio climático.

Comentarios sobre Traballos de seguimento da resposta de queirogais húmidos en estado de conservación desfavorable a actuacións de roza.