O pasado luns 31 de maio participamos no Congreso Nacional de Medio Ambiente que se está celebrando esta semana en Madrid con carácter presencial. Durante a sesión Servizos ecosistémicos. Solucións ao despoboamento dende a sustentabilidade (ST-19) presentamos os resultados do Proxecto LIFE IN COMMON LAND como ferramenta para poñer en valor os servizos ecosistémicos achegados polos hábitats de turbeira e queirogais húmidos da Serra do Xistral, e a importancia do mantemento das actividades tradicionais desenvolvidas polas Comunidades de Montes participantes no proxecto.

Durante a xornada, compartíronse experiencias e aprendizaxes xerados no desenvolvemento de proxectos baseados nos servizos ecosistémicos, promovendo posteriormente un debate e un diálogo de reflexión entre as diferentes partes.

O equipo do proxecto LIFE IN COMMON LAND preparou así mesmo un póster que estará exposto durante todo o Congreso na zona de exposición.

Life in Common Land

Una alianza entre las Mancomunidades, las administraciones y la sociedad para luchar contra el mal estado de los hábitats, el abandono rural y el cambio climático.

Comentarios sobre Presentamos LICL no Conama 2020