O congreso final do proyeto LIFE In Commmon Land, ademais de con as intervencións do propio equipo do proxecto, contará con expertos a nivel nacional e internacional que vos presentamos aquí.
Se queredes saber máis acerca da biografía do relator e en concreto, sobre o seu relatorio, segue a ligazón, ao clicar sobre o nome do relator.
Carlos Sunyer
Entidade: Natura 2000 Biogeographic Process
Título: Presentación Proceso Bioxeográfico
Frank Vassen
Entidade: Comisión Europea. Dirección Xeral ENV Medio Ambiente.
Título: Estratexia da UE para a biodiversidade para 2030: Obxectivos da estratexia para as zonas protexidas e a mellora do estado das especies e os hábitats.
Amelia Ortubai
Entidade: HAZI
Título: LIFE OREKA MENDIAN: a importancia do pastoreo ovino para a conservación de pastos de montaña en Euskadi
Jonathan Gerrelli y Leanne Sargeant
Entidade: Jonathan Gerrelli en representación dos Verderers of the New Forest. Leanne Sargeant en representación de Forestry England.
Título: Xestión do Gando e conservación dos hábitats en New Forest.
Jakub Wejchert
Entidade: Comisión Europea. Dirección Xeral ENV Medio Ambiente.
Título: A proposta de Lei de Restauración da Natureza.
Leticia Jurema
Entidade: NABU
Título: LIFE Multi Peat: Redución das emisións de carbono mediante a restauración das turberas
Alfred Ferris
Entidade: APTRAN (Asociación Portuguesa de Tracción Animal) e ANTA (Asociación Nacional Española de Tracción Animal)
Título: O uso da tracción animal na restauración de hábitats sensibles
Laure Kufhuss
Entidade: Departamento SEGS, Instituto James Hutton, Escocia.
Título: Prefiren os agricultores sistemas de pago agroambientais baseados nos resultados, híbridos ou os baseados na práctica?
James Moran
Entidade: Universidade Tecnolóxica do Atlántico, Galway, Irlanda.
Título: Ampliación dos sistemas de pago baseados nos resultados en Irlanda: do éxito local no Burren ao despregamento nacional: retos e oportunidades
Martiño Cabana
Entidade: Asociación Galega de Custodia do Territorio
Título: Microreservas de flora en O Courel
Joám Evans
Entidade: Fundación Montescola
Título: Restaurando a área Conservada pola Comunidade de Froxán (ICCA), Lousame (Galicia)
Jenny Thomas
Entidade: Natural England
Título: Traballando en colaboración coas comunidades locais para restaurar humidais de augas correntes e estancadas no espazo Natura 2000 New Forest.
Equipo Life In Common Land
Entidade: Deputación de Lugo, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña e 3edata-Kaizen.
Título: LIFE in Common Land: actividades tradicionais e conservación de brezales e turberas na Serra do Xistral / LIFE in Common Land: accións de mellora e restauración de brezales e turberas na Serra do Xistral / LIFE in Common Land: Results-Based Payment Scheme for conservation / LIFE in Common Land: conservando en común.
Lembrar que os días 8 e 9 de novembro, na sede da Deputación Provincial de Lugo (https://goo.gl/maps/44BZFWmZnmPSyMuS6), terá lugar o congreso final do proxecto Life in Common, onde se presentarán os resultados do proxecto, así como os principais logros e leccións aprendidas.
Esperámosvos!
