• LIFE in Common Land na Feria do poldro e do gando do monte, de Muras.

    Novas relacionadas - 29/09/2022

O 25 de setembro celebrouse no alto da Gañidoira a Feira do poldro e do gando de monte de Muras. Nesta feira, ademais de venda de gando, celébranse carreiras e concursos morfolóxicos de cabalo de Pura Raza Galega e é un evento moi concorrido.

LIFE in Common Land acudiu a esta feira gandeira cunha caseta e coa exposición itinerante para dar a coñecer o proxecto, os valores da Serra do Xistral e a importancia das Comunidades de Montes e das actividades tradicionais para a súa conservación. O noso xogo de cartas serviu para mostrarlle aos máis pequenos cales son os hábitats e as especies emblemáticas da Serra do Xistral. Na feira non faltou a música, as hamburguesas de poldro e arte con motoserra.

Grazas ao Concello de Muras polo espazo e a súa axuda na organización.

Life in Common Land

Una alianza entre las Mancomunidades, las administraciones y la sociedad para luchar contra el mal estado de los hábitats, el abandono rural y el cambio climático.

Comentarios sobre LIFE in Common Land na Feria do poldro e do gando do monte, de Muras.