• Estamos traballando no MVMC de Laxa Moura para mellorar o estado de conservación do mosaico de turbeiras e queirogais húmidos

    No MVMC de Laxa Moura (Concello de Xove) estamos desenvolvendo varias actuacións

    Novas relacionadas - 10/09/2022

No MVMC de Laxa Moura (Concello de Xove) estamos desenvolvendo varias actuacións co obxectivo de mellorar ou restaurar o mosaico de turbeiras e queirogais húmidos de interese prioritario na Zona Especial de Conservación Serra do Xistral.

Durante o mes de xullo estanse realizando tarefas de corrección hidrolóxica e topográfica na pista que transcorre polo monte en terreos da Rede Natura 2000. O estado desta infraestrutura estaba provocando erosión e sedimentación de materiais alleos aos hábitats coa conseguinte alteración do Estado de Conservación dos mesmos. 

Neste mesmo monte, está a piques de comezar a retirada dunha plantación de eucalipto sobre turbeira, para a restauración dunha área de gran interese de protección deste hábitat. A semana pasada visitamos a zona con representantes do MVMC e da empresa contratada para tal fin, que comezará os traballos nos próximos días.

Life in Common Land

Una alianza entre las Mancomunidades, las administraciones y la sociedad para luchar contra el mal estado de los hábitats, el abandono rural y el cambio climático.

Comentarios sobre Estamos traballando no MVMC de Laxa Moura para mellorar o estado de conservación do mosaico de turbeiras e queirogais húmidos