Xa está dispoñible no apartado de difusión da páxina web o boletín nº 9 LIFE in Common Land. Nesta edición falamos dos Pagos por Resultados da Conservación.

Neste documento atoparás información sobre estes innovadores sistemas financeiros para a conservación do hábitat, e as diferenzas entre os diferentes tipos de Pagos que se están a desenvolver no mundo. Ademais, recollemos algunhas das experiencias máis exitosas que se están a levar a cabo no contexto europeo.

O boletín tamén resume o Sistema de Pagamento xerado no Proxecto LIFE in Common Land, que se está a implantar na ZEC Serra do Xistral para mellorar o Estado de Conservación de queirogais húmidos e turbeiras, hábitats de interese prioritario para a Unión Europea.

Life in Common Land

Una alianza entre las Mancomunidades, las administraciones y la sociedad para luchar contra el mal estado de los hábitats, el abandono rural y el cambio climático.

Comentarios sobre BOLETÍN 9 DO PROXECTO VIDA EN TERRA COMÚN