• Aprobados os Proxectos de Ordenación de Frexulfe, Laxa Moura, Vilacampa e Tenente e Xistral

    Proyecto - 06/04/2021

A consellería de Medio Rural aproba os Proxectos de Ordenación de catro Comunidades de Montes (Frexulfe, Laxa Moura, Vilacampa e  Tenente e Xistral), redactados, asesorados e financiados no marco do Proxecto LIFE In Common Land.

A aprobación destes documentos supón un gran acontecemento para o proxecto, porque facilitarán a xestión do monte ós comuneros, contribuíndo ao mantemento e conservación dos hábitats prioritarios para Europa como os queirogais húmidos  e as turbeiras altas e de cobertor. 

Estes proxectos de Ordenación integran o modelo de Xestión centrado en Resultados de Conservación dos hábitats en sintonía coa produción sostible, que xa podedes consultar no seguinte enlace: 

https://www.lifeincommonland.eu/documentacion-tecnica  

A aprobación destes proxectos supón máis de 2.000 hectáreas de superficie ordenada, albergando máis de 935 ha de hábitats prioritarios para a Unión Europea

Life in Common Land

Una alianza entre las Mancomunidades, las administraciones y la sociedad para luchar contra el mal estado de los hábitats, el abandono rural y el cambio climático.

Comentarios sobre Aprobados os Proxectos de Ordenación de Frexulfe, Laxa Moura, Vilacampa e Tenente e Xistral