• A Deputación promove a protección do territorio con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente

    Novas relacionadas - 09/06/2021

A  Deputación de Lugo instalou, o venres e o sábado na praza de San Marcos, un expositor informativo con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente. O obxectivo deste stand, que visitou o Presidente, José Tomé Roca, e os deputados de Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, é concienciar sobre o coidado e a protección do territorio a través de programas como Life in Common Land, na Serra do Xistral.

Este proxecto, impulsado pola institución provincial en colaboración coas universidades de Santiago e A Coruña, busca poñer en valor os recursos ambientais deste territorio e favorecer o seu desenvolvemento económico sostible da man das comunidades de montes veciñais.

A Serra do Xistral marca o bordo norte da Reserva da Biosfera Terras do Miño, do que a Deputación é órgano xestor. Esta é unha das tres reservas da provincia de Lugo, xunto con Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá, que tamén xestiona a institución provincial, e a Reserva do Eo, Oscos e Terras de Burón. En conxunto representan un 55% do territorio.

Dende a Área de Medio Ambiente da Deputación de Lugo tamén se puxo en marcha o proxecto finalista á Copa España Creativa 2020. Esta iniciativa  ten como obxectivo a recuperación, conservación e aproveitamento económico sostible dos soutos existentes na Reserva da Biosfera Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá. O proxecto recibiu  22.000 apoios, un 35,6% do total, na votación popular. Será en setembro cando se decida o vencedor desta Copa tras a avaliación do xurado experto.

Life in Common Land

Una alianza entre las Mancomunidades, las administraciones y la sociedad para luchar contra el mal estado de los hábitats, el abandono rural y el cambio climático.

Comentarios sobre A Deputación promove a protección do territorio con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente