• AN UNCOMMON LAND

    Un macizo aparentemente hostil asómase case ao borde do cantábrico, un mar que propicia a subida de densas néboas polas ladeiras dunhas montañas alomadas…

SERRA DO XISTRAL

Un macizo aparentemente hostil asomase case ao borde do cantábrico, un mar que propicia a subida de densas néboas polas ladeiras dunhas montañas alomadas. As choivas alimentan os regatos que fluen cara a diferentes concas e a inmensa esponxa de turbeiras de cobertor da Serra do Xistral. As turbeiras, xunto cos brezales húmidos atlánticos, son as protagonistas dunhas terras cuxo equilibrio depende do trinomio: home - gandería - “bestas”, isto é, cabalos salvaxes que pastan libremente nas ladeiras dun lugar que revélasenos como excepcional, fora do común.

As turbeiras, xunto cos brezales húmidos atlánticos, son as protagonistas dunhas terras cuxo equilibrio depende do trinomio: home - gandería - “bestas”, isto é, cabalos salvaxes que pastan libremente nas ladeiras dun lugar que revélasenos como excepcional, fora do común.

ESPAZO XEOGRÁFICO

O ámbito territorial da Serra do Xistral, espazo recollido dentro da Rede Natura 2000, foi declarado como espazo natural protexido baixo a figura de Zona de Especial Protección dos Valores Naturais.

Este lugar foi incluido no ano 2002 ena zona núcleo da Reserva da Biosfera Terras do Miño.

A maior parte da ZEC Serra do Xistral atópase ocupada por humedais (entre os que se incluen diversos tipos de turbeiras e brezales húmidos), que supoñen o 61% do espazo. Otros usos relevantes en canto a ocupación do solo son: as plantacións forestais (20%), as superficies agrícolas (12%) e los bosques (7%).

  • Turbeiras e matorrais húmidos %
  • Plantacións Forestais %
  • Superficies Agrícolas %
  • Bosques %

A ZEC Serra do Xistral é espazo onde predomina a superficie de titularidade privada (96%). Destaca a elevada proporción de espazo de titularidade comunal, os montes veciñais en man común representan o 56% da superficie da ZEC. O 40% restante de superficie privada do espacio é de propiedade individual (40%). A titularidade pública é moi minoritaria, representando o 4% da ZEC Serra do Xistral.

A Serra do Xistral inclúese nas denominadas “Sierras Galaico-Asturianas”. Esta cadea montañosa posue as características típicas dun clima oceánico no que normalmente non existe unha sequía estival ao ser numerosas as choivas repartidas ao longo de todo o ano. Nalguns cumios superanse os 1000 metros de altitude, o que sumado aos numerosos ríos que nacen na sierra, define unha orografía abrupta. Estas montañas constituen a divisoria entre as concas hidrográficas cantábrica (Landro, Ouro e Masma) e atlántica (Eume). As nacentes destes sistemas fluviais aparecen xeralmente asociadas a turbeiras, sendo a súa forma de drenaxe natural. Polo tanto, o estado de conservación destas turbeiras adquire ademáis unha gran importancia no que se refire ao desenvolvemento idóneo dos cursos fluviais posteriores. (Fonte: https://www.researchgate.net/publication/291027358_La_expresion_territorial_de_la_biodiversidad)

Nalguns cumios superanse os 1000 metros de altitude, o que sumado aos numerosos ríos que nacen na sierra, define unha orografía abrupta. Estas montañas constituen a divisoria entre as concas hidrográficas cantábrica (Landro, Ouro e Masma) e atlántica (Eume).