A borrasca Filomena de neve e frío enriquece os hábitats da Serra do Xistral
2021/01/21A borrasca de neve, xeo e frío Filomena tinguiu de branco a Serra do Xistral nos primeiros...
Preserving biodiversity in an uncommon land with uncommon people.
O proxecto nace para combater diversos problemas que afectan aos hábitats na Zona Especial de Conservación Serra do Xistral, dos que destacamos: o progresivo abandono da actividade tradicional (que produce alteracións na composición e configuración da paisaxe), a ambigüidade, a pouca definición nas directrices de xestión medioambiental, o mal estado de hábitats ligados a actividade humana, o cambio climático e a ubicación desfavorable das áreas de montaña que conleva una pérdida paulatina da poboación.
LIFE IN COMMON LAND, que en galego significa vida en terra en común, é un proxecto que se desenvolve nun lugar de gran valor natural na Rede Natura 2000: A Serra do Xistral.
Neste primeiro vídeo preséntase o proxecto LIFE IN COMMON LAND (LIFE16 NAT/ES/000707) facendo fincapé nos hábitats prioritarios de turbeiras e queirogais húmidos ós que se dirixen as accións de conservación do proxecto.
Velaí vai o segundo vídeo de presentación do proxecto LIFE IN COMMON LAND, no que se transmite a importancia dos usos tradicionais na conservación dos hábitats da Zona Especial de Conservación Serra do Xistral.
Último vídeo de presentación do proxecto LIFE IN COMMON LAND, coa figura dos Montes Veciñais en Man Común como elemento de gran importancia para a conservación da ZEC Serra do Xistral, ademáis de seña de identidade social e cultural do territorio. As Comunidades de Montes Veciñais en Man Común son as grandes protagonistas do proxecto LIFE. Campus Terra USC Universidade da Coruña Deputación de Lugo.
A Serra do Xistral posúe o conxunto de brezales húmidos e turbeiras de maior valor para a conservación da biodiversidade do noroeste Ibérico, incluíndo un complexo de turbeiras de cobertor sen parangón no suroeste Europeo.
Os cabalos salvaxes son unha peza fundamental dos ecosistemas abertos das serras galegas, e en concreto da Serra do Xistral, e son de vital importancia para a conservación dos hábitats de brezal.
O monte non é público nin privado, é veciñal en man común, é dicir, de titularidade colectiva. Un modelo administrativo moi específico dentro do territorio Europeo.
A ZEC Serra do Xistralinclúese na unidade paisaxística denominada “Serras”, situándose dentro das denominadas “Serras Setentrionais” ou “Serras Galaico-Asturianas”. Esta unidade montañosa, cuxas vertentes do norte e superficies cimeras ten un neto carácter oceánico, marcado pola ausencia de seca estival e por unha elevada precipitación anual, constitúen o sector occidental da Cordilleira Cantábrica, discorrendo paralelamente ao litoral atlántico galego que se estende desde o golfo Ártabro ata a desembocadura do río Eo.