• AN UNCOMMON PROJECT

    LIFE IN COMMON LAND é un proxecto de carácter demostrativo/colaborativo centrado na conservación dos
    hábitats Turbera e matogueiras húmidas Atlánticas na Serra do Xistral.

    Máis información
  • UNCOMMON LAND

    Un macizo aparentemente hostil asómase case ao bordo do cantábrico, un mar que propicia a subida de densas néboas polas ladeiras dunhas montañas alomadas…

    Máis información

LIFE IN COMMON LAND

Preserving biodiversity in an uncommon land with uncommon people.

O proxecto nace para combater diversos problemas que afectan aos hábitats na Zona Especial de Conservación Serra do Xistral, dos que destacamos: o progresivo abandono da actividade tradicional (que produce alteracións na composición e configuración da paisaxe), a ambigüidade, a pouca definición nas directrices de xestión medioambiental, o mal estado de hábitats ligados a actividade humana, o cambio climático e a ubicación desfavorable das áreas de montaña que conleva una pérdida paulatina da poboación.

Últimas novas LIFE IN COMMON LAND

Novas relacionadas co proxecto LIFE IN COMMON LAND.

Hábitats

A Serra do Xistral posúe o conxunto de brezales húmidos e turbeiras de maior valor para a conservación da biodiversidade do noroeste Ibérico, incluíndo un complexo de turbeiras de cobertor sen parangón no suroeste Europeo.

Máis información

Usos tradicionais

Os cabalos salvaxes son unha peza fundamental dos ecosistemas abertos das serras galegas, e en concreto da Serra do Xistral, e son de vital importancia para a conservación dos hábitats de brezal.

Máis información

Montes comunais

O monte non é público nin privado, é veciñal en man común, é dicir, de titularidade colectiva. Un modelo administrativo moi específico dentro do territorio Europeo.

Máis información

SERRA DO XISTRAL

A ZEC Serra do Xistralinclúese na unidade paisaxística denominada “Serras”, situándose dentro das denominadas “Serras Setentrionais” ou “Serras Galaico-Asturianas”. Esta unidade montañosa, cuxas vertentes do norte e superficies cimeras ten un neto carácter oceánico, marcado pola ausencia de seca estival e por unha elevada precipitación anual, constitúen o sector occidental da Cordilleira Cantábrica, discorrendo paralelamente ao litoral atlántico galego que se estende desde o golfo Ártabro ata a desembocadura do río Eo.